o meu ser a min da risa
na noite vou viaxando
os ventos xa me van dando
máis nunca teño moita prisa
a lume da tua sorrisa
vale máis que moito gando
máis que el-rei don fernando
o amor resiste a forte brisa
no meio do ceo os astros
arden menos que o meu cor
mentras eu sigo baixando
pasando entre vellos castros
sufrindo sempre o mesmo dor
máis sempre vagamundeando
No comments:
Post a Comment